Sostibilidade
Onosocompromisosocialeambiental
EnSutegabuscamosdesdesempreoequilibrioentreocrecementoeconómicoeempresarial,aproteccióndomedioambienteeobenestarsocial.
Buscamos a excelencia e a sostibilidade nos nosos procesos, tanto no seu desenvolvemento como no seu resultado
Por iso implantamos un sistema de xestión ambiental que permite facer un uso máis eficiente e sostible dos recursos empregados, e incorporamos medidas que garantan un servizo de máxima calidade e a satisfacción dos nosos clientes.

Coidado dos bosques
Protexemos o noso ecosistema
Verificamos que a madeira, o papel e o mobiliario que adquirimos proveñan de bosques xestionados de forma sostible.
Con este obxectivo, implantamos un Sistema de Dilixencia Debida e un Sistema de Cadena de Custodia de acordo coa normativa dos organismos certificadores de referencia PEFC™ e FSC®.
Eficiencia Enerxética
Contribuímos á eficiencia enerxética
Promovemos de forma activa intervencións que axuden a conseguir un mellor desempeño enerxético e unha menor pegada de carbono.
Os paneis fotovoltaicos como fonte de enerxía para as nosas fábricas e almacéns, ou a instalación de puntos de carga para vehículos son xestos que benefician a todos.
A nosa achega á economía circular
Deseño e desenvolvemento seguindo os criterios de WELL™, estándar no que contamos con profesionais certificados, para medir o impacto que teñen as características de cada espazo no benestar e na saúde dos ocupantes.
Tamén axudamos na obtención dos selos LEED e BREEAM para certificar a sostibilidade e bo rendemento dos edificios.