Restaurantes
ProxectosDesign&Buildpararestaurantes.
Espazos de restauración envolventes para disfrutar dunha experiencia para tódolos sentidos.
Un proxecto personalizado para o teu establecemento no que os teus clientes vivirán experiencias que superen as súas expectativas desde que entran pola porta.
Do deseño á decoración do restaurante, o noso equipo Design&Build encárgase de realizar tódolos traballos de forma áxil e coordinada para acadar un resultado que destaque.
Pensar, construír e reformar restaurantes que transmitan unha identidade única e creen unha atmosfera positiva e confortable.
Moito máis que unha experiencia gastronómica.
A oferta de restauración actual vai moito máis aló da mera experiencia gastronómica, os clientes demandan experiencias sensoriais e emocionais.
Por iso nos proxectos de espazos de restauración nada pode deixarse ao azar:
- Planificación do espazo que aproveite tódala superficie dispoñible e considere a variedade de servizos e tipoloxías de establecementos que existen
- Deseño do restaurante con interiorismo e mobiliario que fomente a sensación dun contorna segura e acolledora, á vez que facilite a operatividade
- Materiais e acabados que acheguen unha estética coidada e cálida
- Uso da tecnoloxía máis innovadora para contribuír a experiencias sensoriais únicas
- Elementos que aludan á marca e á cultura local
Cóntanos as túas ideas.
Ofrecemos un servizo integral no que dispoñemos de tódolos recursos e capacidades propias para proporcionar un servizo diferencial, sen intermediarios.
Proxectos relacionados
Berek·et: Design and Build para restaurante en A Coruña
Food Court RÍO Shopping: carpintería a medida para centro comercial
Restaurante Hotel Silgar 92: carpintería a medida en Sanxenxo
Pazo A Toxeiriña: iluminación y decoración en Pontevedra
The Ritz-Carlton Residences: proyecto de carpintería en hotel en Miami
Restaurante Sunset Le Grand Patos: mobiliario integral en Pontevedra
Un proceso flexible e áxil.
Promovemos a comunicación cos nosos clientes a través dun único interlocutor, pero cun equipo multidisciplinar traballando de forma colaborativa e preparado para reaccionar e adaptarse áxilmente ante calquera circunstancia.