Educación

ProxectosdeDesign&Buildparaosectoreducativo.

zona común en guardería luminosa con mobiliario estándar
Que facemos por ti?

Escenarios que fomentan a aprendizaxe o desenvolvemento individual e colectivo. 

Nos nosos proxectos Design&Build para os centros educativos cobra especial relevancia a planificación de cada espazo. Son os escenarios nos que florecerán as novas xeracións, e están coidadosamente deseñados conforme aos parámetros WELL, nos que o foco está no benestar do usuario. 

Proxectos nos que a dixitalización, as solucións versátiles e os materiais resistentes cobran protagonismo para favorecer o estudo en calquera contorna. 

Desenvolver proxectos de arquitectura interior e reformas para universidades, colexios ou academias que den resposta ás necesidades actuáis de estudantes e educadores.

 

Cara aos novos espazos de aprendizaxe.

Onovos hábitos e métodos de formación transformaron o sector educativo, demandando espazos flexibles e tecnolóxicamente preparados, nos que se fomente: 

  • Interación, comunicación e colaboración da comunidade.  
  • Concentración e creatividade. 
  • Resiliencia e desenvolvemento persoal. 
  • Benestar físico, mental e emocional. 
  • Conectividade e dixitalización. 
A nosa metodoloxía

Un proceso flexible e áxil 

Promovemos a comunicación cos nosos clientes a través dun único interlocutor, pero cun equipo multidisciplinar traballando de forma colaborativa e preparado para reaccionar e adaptarse áxilmente ante calquera circunstancia.  

Escoitar

Por experiencia, falamos o mesmo idioma que os nosos clientes e comprendemos as súas inquietudes. Na primeira fase do proxecto, preocupámonos por coñecer os seus obxectivos, necesidades e gustos.

Inspirar

Propomos ideas que encaixen estratéxica, estética e economicamente co propósito do proxecto, pero traballando de forma colaborativa co noso cliente.

Elaborar

Collemos as rendas da execución do proxecto, levando a cabo tódolos procesos (construción, transporte, montaxe) coa máxima seguridade, calidade e enxeñería de valor.

Nutrir

O noso traballo non remata cando entregamos a chave do novo espazo, senón que tamén buscamos a excelencia a longo termo, cultivando unha relación no tempo para estar preto do cliente cando sexa necesario.

Outros sectores

Ofrecemos un servizo integral e altamente especializado

Oficinas

Contornos motivadores, dinámicos e innovadores.

Restaurantes

Espazos envolventes para gozar dunha experiencia para todos os sentidos.

Retail

Os espazos comerciais do mañá, hoxe.