Oficinas

ProxectosDesign&Buildparaoficinaseespazoscorporativos

oficina moderna. amplia y luminosa
Que facemos por ti?

Espazos que deixan de ser lugares de traballo para converterse en contornas motivadoras, dinámicas e innovadoras. 

Adaptado á vosa dinámica de traballo actual e pensado para favorecer o crecemento que queres para a túa organización. 

Axudámoste a construír, reformar a túa oficina ou converter o teu espazo nun workplace único.

 

Workplace Strategy

Porque nas oficinas xa non existen os mesmos roles nin hábitos de traballo, creamos unha estratexia a medida conxugando cultura, espazo físico e tecnoloxía para deseñar e construir unha entorna única que: 

  • Inspire creatividade  
  • Promova a colaboración, estean onde estean as persoas  
  • Sexa flexible e poida dar cabida a calquera circunstancia 
  • Atraia e reteña talento 
  • Fomente o benestar e o sentimento de comunidade 
  • Reforce o compromiso da marca e a identidade corporativa 
A nosa metodoloxía

Un proceso de Design & Build para oficinas, flexible e áxil.

Promovemos a comunicación cos nosos clientes a través dun único interlocutor, pero cun equipo multidisciplinar traballando de forma colaborativa e preparado para reaccionar e adaptarse áxilmente ante calquera circunstancia.  

Escoitar

Por experiencia, falamos o mesmo idioma que os nosos clientes e comprendemos as súas inquietudes. Na primeira fase do proxecto, preocupámonos por coñecer os seus obxectivos, necesidades e gustos.

Inspirar

Propomos ideas que encaixen estratéxica, estética e economicamente co propósito do proxecto, pero traballando de forma colaborativa co noso cliente.

Elaborar

Collemos as rendas da execución do proxecto, levando a cabo tódolos procesos (construción, transporte, montaxe) coa máxima seguridade, calidade e enxeñería de valor.

Nutrir

O noso traballo non remata cando entregamos a chave do novo espazo, senón que tamén buscamos a excelencia a longo termo, cultivando unha relación no tempo para estar preto do cliente cando sexa necesario.

Outros sectores

Ofrecemos un servizo integral e altamente especializado

Build to rent

Espazos eficientes e preparados para vivilos con intensidade.

Educación

Escenarios que fomentan a aprendizaxe e o desenvolvemento individual e colectivo.

Retail

Os espazos comerciais do mañá, hoxe.